Dra. Sonia Villapol
¿Quen son?
Nacín en Bretoña (A Pastoriza, Lugo). Licencieime en Bioloxía Molecular pola Universidade de Santiago de Compostela (2003), e doutoreime en Neurociencias pola Universidade Autónoma de Barcelona (2007).
Dende o ano 2007 ata o 2010 traballei coma investigadora postdoutoral nos laboratorios do Centro Nacional da Investigación científica (CNRS) da Universidade Pierre e Marie Curie VI e no Instituto Nacional de Sanidade e Investigación Médica (INSERM) do Hospital Robert Debré, en París (Francia). No ano 2010 trasladeime a EE.UU., incorporándome ó laboratorio da Sección de Farmacoloxía nos Institutos Nacionais de Salude (NIH), e simultáneamente traballei coma neurocientífica no Centro de Neurociencias e Medicina Rexenerativa, en Maryland. No ano 2014, conseguín un posto de Profesora e Neurocientífica no Departamento de Neurociencias da Universidade de Georgetown en Washington D.C.
No verán do 2018 aceptei un posto de Profesora e Investigadora Principal no Instituto de Investigación do Hospital Metodista, en Houston (Texas). Ó mesmo tempo son Profesora de Neurociencias na Universidade de Cornell en Nova Iorke. A niña investigación científica centrase no estudo dos danos cerebrais, tanto infartos cerebrais, coma traumatismos craneoencefálicos, experimentando distintos tratamentos reparadores e explorando os mecanismos de resposta a múltiples procesos neurodexenerativos. Son autora de numerosos artigos científicos e o laboratorio que lidero conseguiu importante financiación do governo dos EE.UU. e de institucións privadas. Ademáis participo en actividades de divulgación científica.
¿Que investigamos no noso laboratorio?
Estudiamos os mecanismos inflamatorios e neurodexenerativos que acontecen no cerebro despois dun traumatismo ou un ictus, e se estes dependen do tipo de dano, da idade ou do xénero. Tamén investigamos coma a contribución das sinais que proceden do resto dos órganos, ou da microbiota e que como poden modular a patoloxía no cerebro. Asi coma a asociación co desenvolvemento de enfermidades neurodexenerativas coma a demencia.
O noso laboratorio focalizase en atopar novos tratamentos neurorestauradores para axudar a reparar o cerebro dende as lentes da periferia.
¿Preguntas?
Non dubides en mandarme un correo electrónico se tes algunha pregunta sobre as nosas investigacións ou desexas colaborar dalgún xeito.